O noso Centro de Menores realiza unha atención integral de rapaces, en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia.
Atención integral baseada nas seguintes prestacións: aloxamiento, manutención e vestiario, apolo psicosocial e educativo, seguimiento escolar, promoción da saúde, animación planificada do tempo libre, formación nas habilidades sociais básicas e/ou autonomía e independencia e colaboración en apoio e orientación ás familias dos menores. «La a Mercé» oferta dous tipos de estadías. Unha estadía en Réxime Residencial e outra en réxime de Atención de Día. Podendo así asegurar unha resposta mais axeitada as necesidades da poboación atendida.