Filosofía e valores

Falamos de acollemento residencial e atención de día, nun Centro de Menores, en réxime de atención integral de menores, en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia.
Proporcionamos unha educación integral baseada nos Dereitos do Neno e promovendo o carácter propio Mercedario a través da educación evanxelizadora liberadora.

Partimos dos valores que a congregación nos transmite, compartimos e difundimos:

  • Amor: entendemos que hai que amar tanto o noso traballo como as persoas coas que interaccionamos.
  • Xustiza: dotar ás menores e os menores das mesmas oportunidades que se de un seno familiar “normalizado” se tratase.
  • Liberdade: fomentando a autonomía das/os menores, para que poidan chegar a ser unhas persoas libres.
  • Compromiso: cos nosos obxectivos e a nosa labor educativa.
  • Respecto: en relación á diversidade, entendéndoa como un punto a favor para compartir e para enriquecernos; e como punto de partida de cada menor.
  • Comunicación: partindo de que o diálogo é moi importante nunha labor educativa, tanto cas menores e os menores, como dentro do propio equipo educativo. Clave para un bo funcionamento do último.
  • Comprensión: cos demais, con nos  mesmas/os e con  as nosas limitacións.
  • Colaboración: traballo cooperativo con outros axentes implicadas no proceso de integración e educación da/do menor.