Política de Calidade

LAR A MERCÉ comprometese a mellorar continuamente na xestión e prestación dos seus servizos así como ao cumprimento dos requisitos da norma ISO 9001:2008 e os legais e regulamentarios que lle afecten, procurando en todo momento a satisfacción dos seus grupos de interese.

A calidade é un compromiso da entidade así como unha responsabilidade individual de cada un dos membros da mesma que terán que manifestarse a través das accións que cada un emprenda, configurándose como un estilo de proceder e saber facer inseparable do Carisma Mercedario. Ademais, deberá ser revisada para a súa continua adecuación e actualización, co fin de mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade.

A Política de Calidade do LAR A MERCÉ determina os seguintes compromisos:

Cos usuarios

  • Atender as súas necesidades e expectativas, co persoal adecuado, baixo unha perspectiva educativa integral, partindo sempre da súa  realidade específica e individual.
  • Xerar un clima de fogar que facilite a estancia dos menores no centro. Baixo un trato respectuoso que atenda á diversidade.
  • Traballar con flexibilidade e capacidade de adaptación ás novas necesidades que poidan ir xurdindo.
  • Promover a formación e preparación do menor de cara a unha futura inserción socio laboral.
  • Implementar procesos de mellora continua nos servizos.
  • Garantir a súa confidencialidade.

Co persoal

  • Favorecer a formación e actualización de competencias do persoal dende unha perspectiva técnica e  humana para poder dar unha mellor e mais rápida resposta ante os cambios que se producen na sociedade actual.
  • Buscar  as condicións mínimas que favorezan a calidade de vida laboral en canto a: autonomía, coordinación, flexibilidade, manexo de recursos, recoñecemento, clima e ambiente de traballo, satisfacción, conciliación ca vida familiar.
  • Traballar baixo o cumprimento da normativa legal establecida.

 Ca administración

  • Manter unha comunicación bidireccional a fin de establecer unha relación fluída e constante.
  • Colaborar nas propostas e plans de traballo plantexados de cara a conseguir un traballo en rede eficaz, conseguindo así unha labor efectiva que repercuta no benestar dos menores.
  • Involucrar no proxecto individualizado de intervención co menor aos diferentes axentes, tendo en conta o ámbito que lle compete a cada un e as limitacións correspondentes.
  • Facer cumprir a normativa legal establecida.

Cas familias

  • Facilitar información e atención personalizada cando sexa posible e/ou conveniente tendo en conta os obxectivos marcados no proxecto educativo individualizado do menor.
  • Establecer unha linea de traballo conxunta para realizar unha atención personalizada o menor efectiva e satisfactoria.
  • Garantir a estabilidade do servizo para tranquilidade das familias.

Ca entidade

  • Respectar e potenciar os principios mercedarios a congregación.

 

En Oleiros, a  Maio 2017

 

Firma tito con cuño

A dirección