Servizos

Centro de Menores realiza unha atención integral de rapaces, rapazes en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia.

Atención integral baseada nas seguintes prestacións: aloxamento, manutención e vestiario, apoio psicosocial e educativo, seguimento escolar, promoción da saúde, animación planificada do tempo libre, formación nas habilidades sociais básicas e/ou autonomía e independencia e  colaboración en apoio e orientación ás familias dos menores. “Lar a Mercé” oferta dous tipos de estadías. Unha estadía en Réxime Residencial e outra en réxime de Atención de Día. Podendo así asegurar unha resposta mais axeitada as necesidades da poboación atendida

Na actualidade no Centro desenrólanse dous programas: Programa de Atención de Día e Programa Residencial. A metodoloxía de traballo é unha metodoloxía baseada nos procesos e procedementos que forman parte do noso Sistema de Xestión de Calidade. Unha metodoloxía activa, dinámica, participativa. Sendo os responsables do seu desenvolvemento o equipo educativo do Centro, en coordinación con tódolos axentes de intervención implicados no proceso educativo de cada un dos menores, en cada un dos ámbitos de intervención