A institución

O Centro de Menores “Lar a Mercé” é un centro residencial de protección de menores que, pertence á Congregación de “Hermanas Mercedarias da Caridad”, provincia Mª Inmaculada (Madrid). Entidade rexistrada no RUEPSS (rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais) da Xunta de Galicia có número E-3670-C-1, con data de inicio de actividades do vintetres de outubro de 1996. Está situado no casco urbano do Porto de Santa Cruz e pertence o Concello de Oleiros (A Coruña).

Os programas que se levan a cabo no Centro son dous, un programa residencial e outro de atención de día. Na actualidade ten concertadas ca administración autonómica 28 prazas, aínda que ten permiso de actividades para 30 prazas. A distribución actual e en tres unidades de convivencia; dúas de atención residencial de 10 prazas cada unha e unha de atención de día de 8 prazas

institucion