Organización

Trátase dun edificio con soto, baixo e tres pisos, cunha superficie útil de 751 m²/planta. A capacidade máxima e permiso de actividades do centro é de 30 prazas, distribuídas en tres unidades de convivencia de 10 prazas cada unha. Se ben o convenio/contrato coa administración é de 28 prazas (20 no Programa de Atención Residencial e 8 no Programa de Atención de Día).

Tódalas unidades de convivencia teñen unha distribución similar, cunha sala de estar, unha habitación e un despacho para o educador, e para os menores dúas habitacións de tres prazas, unha de dúas e dúas dunha praza,  e unha cociña con comedor e un cuarto de limpeza. Aclarar que tódalas habitacións teñen baño completo (bañeira, inodoro e lavabo), armarios e un espazo destinado ó estudio. Nun dos pisos, cumplindo a lexislación vixente, se  dispón dun baño adaptado.

O centro dispón dun despacho de dirección ademais de ter diversas salas de reunións, unha sala de audiovisuais e usos múltiples, recepción. Posúe tamén unha cociña, unha lavandería (ambas central), e zonas de ocio exterior coma un patio e zona axardinada.

No que respecta á accesibilidade do centro, destacar a existencia  de varias entradas así como un ascensor dentro do edificio.

Os materiais e espazos destas dependencias responden á Orde do 29 de Febreiro de 1996, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOGA nº57 do 20 de Marzo de 1996).